Juan Viaño
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de xullo de 1955 (69 anos) Boqueixón, España |
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela | |
2014 – 2018 ← Juan Casares Long – Antonio López Díaz → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Director de tese | Alfredo Bermúdez de Castro |
Actividade | |
Ocupación | matemático |
Obra | |
Doutorando | José Manuel Rodríguez Seijo, Lino José Álvarez-Vázquez, Ángel Daniel Rodríguez Arós, José R. Fernández (pt) e Marco A. Campo (en) |
Juan Manuel Viaño Rey, nado en Boqueixón o 4 de xullo de 1955, é un matemático galego, que ocupou o posto de reitor da Universidade de Santiago de Compostela.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Licenciado de Matemáticas,é catedrático de Matemática aplicada na Universidade de Santiago de Compostela. Na universidade, foi xefe do departamento de Matemáticas aplicadas entre 1986 e 1992, decano da facultade de Matemáticas entre 2001 e 2009 e vicerreitor no equipo de goberno de Senén Barro, entre 2002 e 2010.
Politicamente defínese como socialdemócrata[1] e foi concelleiro do PSdeG en Boqueixón.
Candidato a reitor nas eleccións de 2014, impúxose ao outro candidato, Antonio López Díaz, para suceder a Juan Casares Long por unha estreita marxe de 1.988 votos a 1.914, cunha diferenza de unicamente 25 votos ponderados[2]. En 2018 volveu postularse para a re-elección como reitor, pero foi derrotado nesta ocasión polo xurista Antonio López Díaz[3].
Predecesor: Juan Casares Long |
Reitor da Universidade de Santiago 2014 - 2018 |
Sucesor: Antonio López Díaz |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Juan Viaño: «Se non negocio recibirei o trato que tivo Casares», entrevista en La Voz de Galicia, 11/4/14
- ↑ Juan Viaño, nuevo rector de la Universidade de Santiago por un puñado de votos, La Voz de Galicia, 26/4/14
- ↑ "Antonio López e Manuel Reigosa, novos reitores das universidades de Santiago e Vigo", Praza Pública, 23 de maio de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 591. ISBN 84-8064-113-4.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Currículo de Juan Viaño (En inglés e castelán).